RASTRO COELLO CORUÑA |
O lote propiedade de Casas Cambón adxudícase o provincial |
10/9/2012 |
Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello O pasado 8 de setembro disputouse no Tecor coruñés de San Mamed de Dumbría o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores. Á proba acudiron un total de 15 participantes cos seus respectivos lotes de catro cans e sendo xulgados polos xuíces Emilio Vila Torreira, José María Álvarez Villar, José Montoiro González e José Ramón Barreiro Varela. O lote composto por “Eros”, “Era”, “Tula” e “Sanz” propiedade de Juan Carlos Casas Cambón foi o que se impuxo nesta edición do Campionato Provincial de Rastro de Coello ao obter unha puntuación de 527 puntos. En segunda posición situouse o lote composto por “Efren”, “Clio”, “Alasca” e “Eira” propiedade de José Luís Calvo Vázquez e 516 puntos. O terceiro caixón do podio foi ocupado polo lote conducido por Luís Miguel Veiga Vázquez composto por “Coco”, “Eva”, “Cana” e “Cholo” acadando unha puntuación de 506 puntos. Estes tres primeiros clasificados serán os representantes da provincia de A Coruña no vindeiro Campionato Galego da Especialidade. O can “Alaska” propiedade de José Luís Calvo Vázquez con 141 puntos foi nomeado como mellor can da proba. |