RASTRO COELLO |
O lote de Rey Baúlde gaña a proba disputada en Boiro |
5/9/2012 |
Clube Amigos dos Cans de Caza Como despedida da tempada de campionatos oficiais, o “Clube Amigos dos Cans de Caza” ven de celebrar, o pasado día 25 de agosto, coa colaboración da Federación Galega de Caza na Coruña e a Sociedade de Caza Castelo de Vitres Folgoso, a XX edición do Campionato de Rastro de Coello, puntuable para a Copa Galicia da modalidade, no Tecor C-10.080, da localidade de Boiro. Participaron un total de 16 lotes, repartidos en 4 campos e xulgados polos seus correspondentes xuíces, Manuel Vázquez, Alfonso Collazo, Alejandro González e Nicolás Castro. A proba desenrolouse nun marco excepcional, co terreos duros, de abundante vexetación e con unhas boas condicións climatolóxicas. Os alí presentes puideron desfrutar con algúns lotes que brindaron aos espectadores actuacións excepcionais. A clasificación xeral, do seguinte xeito: Campión da proba o lote propiedade de Alfonso Rey Baúlde con 551 puntos. En segunda posición situouse Carlos Casas Cambón con 529 puntos e xa en terceira posición e con 498 puntos clasificouse o lote propiedade de Pablo Cambón Bertoa. O can beagle de nome “Toby” propiedade de Antonio Lista foi o asinado como mellor can da proba o obter unha puntuación de 161 puntos. |