ESTUDO SOBRE A CAZA |
A Federación Galega de Caza comeza unha nova sondaxe entre os cazadores galegos |
3/9/2012 |
Comeza o Estudo sobre a Repercusión Económica e Social da Caza en Galicia Hai tres anos a Federación Galega de Caza presentaba o seu “Estudo Socioeconómico da Caza e o Perfil do Cazador en Galicia”, traballo pioneiro na nosa comunidade que poñía de manifesto o grande volume económico que move a caza en Galicia e que repercute positivamente na sociedade galega. Este estudo aportou tamén unha grande cantidade de datos moi significativos sobre o perfil do cazador galego, tanto a nivel social e demográfico, como dentro do propio eido cinexético, dando a coñecer as principais características dun cazador da nosa comunidade. Agora a Federación Galega de Caza quere facer chegar de novo ao máximo da cazadores posibles a súa enquisa sobre o “Repercusión Económica e Social da Caza en Galicia”, no só co fin de actualizar os datos obtidos na súa primeira sondaxe sobre a caza, senón tamén coa intención de obter datos útiles para o seu máis recente proxecto: o Clube de Descontos. Nacido co obxecto de facilitar aos cazadores federados as mellores ofertas do mercado nos produtos e servizos relacionados coa caza, o Clube de Descontos nutrirase da información recollida nesta enquisa para saber cales son os produtos e servizos máis demandados polos cazadores galegos e así tratar de obter as mellores e máis variadas ofertas neses ámbitos. Esta nova enquisa é totalmente anónima, moi sinxela de responder e, co fin de impulsar a participación, a Federación Galega de Caza sorteará entre todos aqueles que a remitan cuberta antes do día 11 do outubro -engadindo simplemente un medio de contacto- tres premios que inclúen:
Se desexa participar nesta enquisa, pode facelo directamente online nesta mesma páxina web na seguinte ligazón: www.federaciongalegadecaza.com/enquisa2012 Ou ben se o prefire pode descargala e cumprimentala a man, remitíndoa posteriormente á Federación, a través de calquera dos nosos medios de contacto: En calquera dos dous casos, se desexa entrar no sorteo dos premios, debe facilitarnos algun medio de contacto, ben un teléfono ou ben un correo electrónico, co fin de poñernos en contacto con vostede no caso de que resulte gañador. |