SAN HUBERTO |
René Vale, Nicolasa González e José Sanmartin son os novos Campións Galegos de Caza San Huberto |
30/8/2012 |
XXV Campionato Galego de Caza San Huberto disputado en Fornelos de Montes – Pontevedra O pasado 25 de agosto, disputouse no Tecor A Laxe sito no concello pontevedrés de Fornelos de Montes a vintecinco edición do Campionato Galego de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Caza A Laxe. Á proba acudiron un total de 36 participantes clasificados a través dos seus respectivos Campionatos Provinciais, da Copa Galicia da especialidade e o Campión da edición anterior. Todos eles foron xulgados polos xuíces Marcial Ramil, Manuel Rebordelo, Estéban Cambón e Santiago Saavedra. O cazador René Vale García co setter inglés “Edén del Arcoiris” convertíase no novo Campión Galego de Caza San Huberto o obter unha puntuación total de 85 puntos. En segunda clasificación situábase Roberto Dopico Dopico co pointer “Río de los Aluches” e 83 puntos. Completaba o podio en terceira posición Jaime Aneiros Ardao co pointer “Pol” e 78 puntos. Na categoría de Damas a gañadora e, polo tanto Campiona Galega, foi Nicolasa González Carrodeguas con “Jef de Caaveiro” e unha puntuación de 76 puntos. O segundo posto recaeu en Ana Isabel Arbiol Ledesma con “Breco de Reinadama” con 39 puntos. Xa na terceira posición situábase Sandra Rodríguez Rego con “Twist” e 33 puntos. Na categoría de Levantadores o primeiro posto era para José Sanmartín Pérez con “Coca del Castillo de Almansa” cun total de 63 puntos. Víctor Villar Fernández adxudicouse o subcampionato con “Júpiter Estrella de Tebra” e 60 puntos. O terceiro caixón ocupouno Eloy Rodríguez Martínez con “Uncle Sam de los Tres Robles” con 41 puntos. |