PERCORRIDOS DE CAZA
Iglesias Otero impúxose no "Memorial Cea Seoane"
14/8/2012

Tirada de Percorridos de Caza Memorial José e Manuel Cea Seoane puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 11 de agosto tivo lugar no campo de tiro da Sociedade Deportiva Río Sar unha tirada de Percorridos de Caza “Memorial José e Manuel Cea Seoane” organizada por dita Sociedade Deportiva e contando coa colaboración da Federaci&´n Galega de Caza.

Nesta xa habitual cita anual da Sociedade Deportiva Río Sar participaron un total de 52 tiradores que en dúas liñas de tiro enfrontáronse a 100 pratos dos que constaba a proba.

Unha vez que os 100 pratos voaron nas instalacións de Río Sar, foi o tirador Antonio Iglesias Otero, actual campión galego da especialidade, o que resultou gañador absoluto ao derribar un total de 87 pratos. En segunda posición e a tan so dous pratos de Iglesias Otero, situouse Juan Sexto con 85 pratos escachados. O terceiro caixón ocupouno José Luís Sánchez Mancebo con 84 pratos derribados.

Na categoría de veteranos o gañador foi Gabino Villamor Vázquez con 82 pratos.

Na categoría de Handisport o tirador Artemio Formoso Barro completaba un percorrido de 79 pratos converténdose deste xeito no gañador.

E xa en superveteranos o primeiro posto recaeu en Ángel Mosquera Rodríguez con 75 pratos escachados.´