CANS PARADA CORUÑA
Rodríguez Sanjurjo en Británicos e Vicente Cortes Doce en Continentais foron os gañadores
14/8/2012

Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada

O pasado 11 de agosto, tivo lugar o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Parada que nesta ocasión se disputou no Tecor de A Venatoria de As Pontes e que estivo organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do mencionado Tecor.

Na proba participaron un total de 28 cans, dos cales 4 correspondían a Razas Continentais e 24 a Razas Británicas e foron xulgados polos xuíces Marcial Calvo Hermida e José María Álvarez Villar, actuando como xuíz auxiliar Jaime Aneiros Ardao.

Foi o can de nome "Sol" conducido por Pedro Rodríguez Sanjurjo o que se impuxo en razas Británicas ao acadar unha calificación de 1º EXC. Seguino en segunda posición "Agra de Torre da Barela" de Carlos Lalín Ferreiro cunha calificación de 2º EXC. A setter inglés femia de nome “Jana de Bosende” conducida por Andrés Pena Vázquez obtivo a terceira posición cunha calificación de 3º MB.

En Razas Continentais o can gañador foi "Aris de Poldarriba" de José Vicente Cortes Doce cunha valoración de 1º EXC. Seguiuno Andrés Pena Vázquez con “Piti” e unha calificación de 2º EXC.