CANS PARADA PONTEVEDRA |
Carlos Lalín en Británicos e José Vicente en Continentais foron os gañadores provinciais |
14/8/2012 |
Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada O pasado domingo 5 de agosto, tivo lugar o Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada que nesta ocasión se desputou no Tecor pontevedrés de Lalín e estivo organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do mencioado Tecor. Na proba participaron un total de 35 cans, dos cales 6 correspondían a Razas Continentais e 29 a Razas Británicas e foron xuzgados polos xuíces Jose Moure Caneda e Santiago Saavedra Cuiña, actuando como xuíz auxiliar Rubén Boquete Varela. Foi o can de nome "Alba" conducido por Carlos Lalin Ferreiroa o que se impuxo en razas Británicas ao acadar unha calificación de 1º MB. Seguino en segunda posición "Tolo" de Adolfo Limes Fernández cunha calificación de 2º MB. Repetía en terceira posición Carlos Lalín Ferreiroa co setter inglés de nome "Carlo" e unha calificación de 3º MB. En Razas Continentais o gañador e único can que obtivo calificación foi "Denon" de Jose Vicente Cortes Doce cunha valoración de Bo. |