SAN HUBERTO |
Juan José Canosa imponse en Ribeira |
27/7/2012 |
Proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade O pasado 22 de xullo disputouse no Tecor de Ribeira unha proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade organizada pola Sociedade de Cazadores do Barbanza contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña. A proba disputouse no monte San Amedio da parroquia de Oleiros e nela participaron un total de 24 cazadores que foron xulgados por Ramón Noya Suárez, Santiago Saavedra Muíña e David Romero Arbores. Disputada a proba, o director da mesma, Víctor Reiriz Lampón deu a coñecer a clasificación final que resultou do seguinte xeito: Con 65 puntos o gañador foi o xoven cazador Juan José Canosa Vigo co pointer femia “Zeta”. En segunda posición finalizou Serafín Corral Vázquez con “Balu” e 60 puntos. Completou o podio en terceira posición Jorge Martín Sánchez co pointer macho “Kan” e 54 puntos. |