APRENDENDO
A Laxe fomentou a actividade cinexética nos rapaces
3/7/2012

II Curso Teórico-Practico de caza e medio ambiente en A Laxe – Fornelos de Montes – Pontevedra

Preto de 200 asistentes entre rapaces, pais e cazadores se deron cita o pasado sábado 30 de xuño na localidade pontevedresa de A Laxe para levar a cabo a exitosa II edición do Curso Teórico-Práctico de Caza e Medio Ambiente organizada pola Sociedade de Caza A Laxe contando coa colaboración da Escola Española de Caza da RFEC e a Federación Galega de Caza. Unha segunda edición que seguiu os pasos da primeiro converténdose nun punto de encontro e fomento da caza e do medio ambiente para os máis novos.

A xornada daba comezo ás 9:00 horas coa fase teórica na que interviña nun primeiro momento Patxi Andión, director da Escola Española de Caza, que expoñía todo o relativo a modalidade de caza “A Montería”. Baixo o título “Cría de coellos en semiliberdade” falou ao abarrotado local social de A Laxe o poñente Carlos Díaz Valle, Máster Universitario e Dr. en Veterinaria e experto na cría de coellos de monte.

A fase teórica concluía cunha extraordinaria mesa redonda baixo o título “As peculiaridades da Caza en Galicia” con invitados que se uniron aos poñentes citados anteriormente. Os presidentes das Federacións provinciais de Pontevedra e Lugo, Juan Ángel Alonso Pérez e Francisco López Penelas, respectivamente e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz; todos eles cazadores e ligados moi estreitamente coa caza na nosa comunidade souberon transmitir e dar resposta as interesantes preguntas dos alí presentes.

A mesa redonda remataba coa entrega dun agasaio por parte dos cazadores do Suido ao actual presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, polo seu extraordinario labor en defensa dos cazadores galegos en particular e da caza en Galicia en xeral.

A media maña, os participantes da xornada ían poñer rumbo a máxica Serra do Suido para desfrutar dunha clase práctica sen armas sobre a caza con can sobre coello, perdiz e xabaril; pero anteriormente facían unha pausa no exterior do local social para da man de diferentes representantes da Federación Galega de Caza se amosase aos asistentes as diferentes razas de cans de caza alí expostos en gaiolas acondicionados, así como o seu emprego nas diferentes modalidades de caza practicadas en Galicia.

Xa na Zona Intensiva do Sociedade de Caza A Laxe e cun taco campeiro, como se dunha verdadeira xornada cinexética se tratase, recargaban as pilas os xóvenes e non tan xóvenes para o comezo das interesantes clases prácticas.

Nun primeiro intre interviña Víctor Villar co seu can “Júpiter”, Campión do Mundo de San Huberto na categoría de Levantadores, para amosar as peculiaridades desta disciplina deportiva.
Caza de coellos con podencos e cans de rastro entraban en escena na segunda fase practica facendo desfrutar ao público do bo facer dos diferentes lotes de cans no rastrexo, levante e seguimento dos coellos da Serra do Suido.

Remataba a xornada co turno dos cans de rastro atrelados sobre de xabaril, no que os xoves puideron ver as cualidades e ata intervir no manexo destes cans empregados para a caza do xabaril, todo elo contando coa experiencia do monteiro Álvaro Fontenla Filgueira, ex-campión galego da modalidade.

Un xantar de irmandade en “A Carballeira de Os Prados” a base de polbo e carne á grella puxeron o fin a esta xornada sobre Medio Ambiente e Caza para os máis xóvenes.