COPA GALICIA XABARIL
En Monfero o gañador foi Manuel Barreiro
29/6/2012

O pasado 16 de xuño disputouse na Sociedade de Caza Virxe da Cela, A Coruña, unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril organizada por dita Sociedade coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba acudiron un total de 17 monteiros que foron xulgados por Manuel Vázquez Mosquera e José María Álvarez Villar.

Disputadas as roldas clasificatorias e final, o director da proba, Miguel Ángel Arnoso García deu a coñecer a clasificación final sendo o monteiro Manuel Barreiro o que acadaba o primeiro posto co can “Ludo” é un total de 232,5 puntos. Repetía na segunda posición Manuel Barreiro, nesta ocasión co can de nome “Cañón” e 230,5 puntos. O can “Vikingo” conducido por Salvador Sestelo foi o binomio que acadou a terceira posición con 218,5 puntos.