NOVA ORDE VEDAS |
PublĂcase a Orde de Vedas para a vindeira tempada de caza 2012/2013 |
26/6/2012 |
Orde do 15 de xuño de 2012 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2012-2013. O artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, establece a obriga de regular anualmente mediante orde as épocas hábiles de caza para as distintas especies cinexéticas, as limitacións ao exercicio da caza, os réximes especiais, necesarios e a normativa aplicable nos terreos de réxime cinexético común. En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, oídos os comités provinciais e o Comité Galego de Caza, no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, e 7/2002, do 27 de decembro, e de conformidade co disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación co Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia. Descargar Orde de Vedas 2012-2013 |