RRCC PONTEVEDRA |
Gabino Villamor foi o campión provincial |
19/6/2012 |
Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza Na xornada do pasado 17 de xuño, tivo lugar no concello pontevedrés de Tomiño, concretamente no campo de tiro do Club de Tiro Fronteiriñas, o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza de Pontevedra coa colaboración de dito clube de tiro. Na proba disputada a 100 pratos en 4 campos acudiron un total de 47 tiradores que tentaron escachar o maior número de pratos e así obter a clasificación para o vindeiro campionato autonómico da modalidade que se disputará o vindeiro 1 de xullo no Campo de Tiro Río Sar. Rematada a proba, tamén puntuable para a Copa Galicia da especialidade, foi o tirador coruñés Antonio Iglesias Otero o que se adxudicou o primeiro posto cun total de 86 pratos. Seguiuno, con 83 pratos, o veterano tirador Gabino Villamor Vázquez que se converteu deste xeito no novo Campión Provincial. Xa en terceira posición situouse o sénior Juan Carlos Costas Pereira con 82 pratos escachados. |