DANOS FAUNA
Mesa Redonda da RFEC ante a responsabilidade nos sinistros de tráfico coa fauna silvestre
7/6/2012

Na xornada de onte mércores día 6 de xuño a Real Federación Española de Caza convocou en Madrid unha mesa redonda coa responsabilidade nos sinistros de tráfico coa fauna salvaxe como único e primordial punto a tratar.

Na mesa interviron deputados e membros das comisións máis relacionadas con esta problemática no Congreso así como membros do Consello Xeral do Poder Xudicial. Diferentes Federación Autonómicas estaban alí presentes entre as que se atopaba a Federación Galega de Caza representada polo seu presidente Javier Nogueira Diz, sabedor da problemática que xera esta responsabilidade nas sociedades dos Tecores galegos quixo ser participe activo nesta mesa redonda.