ASEMBLEA 2012
A Xunta Directiva e a Comisión Delegada da FGC reúnense para ultimar a súa Asemblea Xeral
7/6/2012

O pasado 4 de xuño a partires da 19:00 horas, a Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega de Caza mantiveron unha reunión durante a cal se ultimaron os diferentes puntos da orde do día da vindeira Asemblea Xeral que terá lugar este venres día 8 de xuño a partires das 19:00h na primeira convocatoria e 19:30 na segunda, no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte sito na porta nº 4 do Estadio Multiusos de San Lázaro en Santiago de Compostela.

Proxecto de Orzamento, memoria de actividades e calendario e normativa de competicións foron, entre outros, os puntos que se trataron nesta xuntanza e que se exporán aos asembleístas da FGC na Asemblea Xeral do venres.