SERVIZOS FGC
O persoal da FGC traballa para ampliar os servizos a sociedades e cazadores federados
7/6/2012

O pasado día 4 de xuño o persoal das delegacións provinciais e da central da Federación Galega de Caza mantiveron unha xuntanza que se prolongou durante toda a mañá e serán do pasado luns.

O motivo desta xuntanza foi a posta en común de diferentes aspectos relacionados cos servizos prestados pola Federación Galega de Caza aos cazadores e sociedades de caza co fin de desenvolver e informar das novas actividades encamiñadas a mellora do seu funcionamento e beneficio.

Nesta xuntanza tamén estivo presente o presidente da Federación Galega de Caza Javier Nogueira Diz así como persoal especializado en varios sectores.