RASTRO XABARIL OURENSE
Javier Carballo convértese no novo campión provincial
7/6/2012

Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril

O pasado día 2 de xuño, disputouse en Esgos, no Tecor da Sociedade de Xungos o Campionato Provincial de Ourense de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración de dita Sociedade de Caza.

Na proba participaron 10 monteiros que conduciron un total de 13 cans os cales foron xulgados polo xuíz Jaime Villaverde Balado.

A vista dos resultados a clasificación resultou do seguinte xeito: o pontevedrés Salvador Sestelo Muñiz co grifón “Clay” foi o gañador da proba cun total de 245 puntos. Seguiuno en segunda posición o tamén pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira con “Terco” é un total de 233 puntos. Repetiu terceiro posto Salvador Sestelo Muñiz coa cadela “Dives” e un total de 227 puntos.

O ourensán mellor clasificado e polo tanto Campión Provincial foi o monteiro Javier Carballo Fernández co sabueso español “Listo”. A este monteiro acompañarao Alejandro Couso Rosario conformando a representación da provincia de Ourense para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.