COMPAK SPORTING |
Iglesias Otero é o novo campión galego |
6/6/2012 |
Na fase autonómica participaron un total de 56 tiradores das 4 provincias galegas Na xornada de onte día 3 de xuño, disputouse nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar o Campionato Galego de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración con dita Sociedade. Foi o tirador coruñés Antonio Iglesias Otero o que subiu o mais alto do podio o escachar 135 pratos converténdose deste xeito no novo Campión Galego da especialidade. O tamén tirador da provincia de A Coruña, Daniel Cebreiro García acadou o subcampionato con 128 pratos namentres que completaba o podio o pontevedrés Martín Baqueiro Villafines con 126 pratos escachados. Na categoría de veteranos impoñíase representante da provincia de Pontevedra Gabino Villamor Vázquez con 112 pratos e na categoría de Handisport o gañador era o lucense Artemio Formoso Barro con 111 pratos escachados. Na entrega de premios mencionar a presenza de José Antonio Pena, Delegado de Compak Sporting e RRCC da FGC, Javier Nogueira, presidente da Federación Galega de Caza e Carlos Gómez Subdirector da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os cinco tiradores mencionados anteriormente conformarán a representación galega para o vindeiro Campionato de España de Compak Sporting que se disputará o vindeiro fin de semana na comunidade valenciana. |