FESTA CAZA LUGO
Mario González en Compak, Manuel Villar en Percorridos, Iván Fernández en Xabaril, René Vale en San Huberto e Andrés Pena en Caza Práctica, novos Campións Provinciais
28/5/2012

Na XVI edición da Festa de Caza de Lugo celebrada en Portomarín participaron máis de 300 deportistas

A pasada fin de semana, tivo lugar no concello lucense de Portomarín a XVI Festa da Caza de Lugo organizada pola Federación Galega de Caza de Lugo e a Asociación Lucense de Caza.

Dúas xornadas de apoxeo cinexético no que os montes de Portomarín foron un fervedoiro de cazadores, congregándose na cita máis de 300 deportistas nas diferentes modalidades celebradas.

Na xornada do sábado 26 de maio, disputouse no Monte do Cristo o campionato provincial de Compak Sporting, sendo o tirador coruñés Eliseo Faraldo Fernández o gañador absoluto da Proba e Mario González Yáñez o segundo clasificado e Campión Provincial. Na categoría de veteranos o gañador foi José González Yáñez, na mentres que Artemio Formoso Barro impoñíase na categoría de Handisport.

Xa na xornada dominical de onte 27 de maio tiveron lugar o resto de campionatos. Foi, o tamén tirador da provincia de A Coruña, Antonio Iglesias Otero o que se impoñía na clasificación absoluta de Percorridos de Caza, namentres que o lucense Manuel Villar Arroyo se convertía no novo campión provincial da modalidade. En veteranos o primeiro posto foi para José María González Rodríguez. Na categoría de Handisport repetía primeiro posto o tirador Artemio Formoso Barro.

Na modalidade de Caza San Huberto, o primeiro posto da clasificación xeral e campión provincial recaeu no cazador René Vale García co seu setter “Eden”. O segundo posto ocupouno Andrés Pena Vázquez co seu grifón kortals “Piti” e José Ignacio Pérez Pérez co pointer “Zar” quedaba en terceira posición.

En Caza Práctica, os clasificados foron os pertencentes á categoría de británicos, sendo Andrés Pena Vázquez co setter inglés “Yan de Bosende” o campión da proba. O setter inglés de nome “Patrón” propiedade de José María Carnota acadaba o segundo posto namentres que o terceiro caixón do podio era ocupado por José Luís Méndez Tesouro co setter inglés “Arco”.

En Rastro de Xabaril o pontevedrés Francisco Rodeiro Eiras co seu can “Sildos” acadou o primeiro posto da clasificación absoluta. O gañador provincial da modalidade foi o monteiro Iván Fernández Pereira con “Touré”.