GALEGO SILVESTRISMO |
Os mellores paxaros cantores galegos déronse cita en Narón |
22/5/2012 |
Campionato Galego de Paxaros Cantores disputados en Narón – A Coruña O pasado sábado 20 de maio, disputouse no concello de Narón, concretamente no Campo de Fútbol “Río Seco” o Campionato Galego de Paxaros Cantores baixo a organización da Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva A Faísca. Na competición participaron un total de 106 paxaros repartidos nas seguintes modalidades: 29 xílgaros, 16 pardillos, 23 verderóns, 27 mixtos de xílgaro, 8 mixtos de pardillo e 3 mixtos de verderóns. Actuaron como xuíces Iván Fajardo Cao, Gonzalo Vergara Castro, Juan Pico Pico, Jesús Ángel Faraldo Ares e Manuel Ángel Chao Porto, sendo este último o director da proba. A clasificación final quedou do seguinte xeito: Pardillo Mixto de Pardillo Xilgaro Mixto de Xilgaro Verderón Mixto de Verderón |