RESPONSABILIDADE DANOS
A FGC responde á inquietude manifestada polos Presidentes de Sociedades de Caza ante a información publicada por UNITEGA sobre a responsabilidade dos socios das mesmas
16/5/2012

Ante as consultas que se están a recibir na Federación Galega de Caza, en relación coa información publicada  no Boletín de UNITEGA do pasado mes de marzo, sobre a posibilidade de que os socios de clubs ou sociedades deportivas, ante unha reclamación xudicial, puidesen ver afectados os seus patrimonios persoais, e no que “UNITEGA explicou aos asistentes a mellora que supón  transformar os clubs de caza en asociacións, cuxa lexislación reflexa con claridade que as Sociedades de Cazadores só responderán co seu patrimonio social”, a Federación Galega de Caza INFORMA:

1º. É impensable que ante unha reclamación por danos dirixida contra os clubs ou sociedades de cazadores, como persoas xurídicas que son,  resulten condenados e polo tanto afectados os patrimonios persoais do presidente, dos directivos ou dos seus socios. Soste-lo contrario é lisa e llanamente unha aberración xurídica, sen base legal algunha, propia de quen carece dos máis elementais coñecementos xurídicos.

2º. O feito de que un club ou sociedade de caza estea inscrita como asociación deportiva no Rexistro de Entidades Deportivas non ten relevancia algunha respecto da responsabilidade dos seus directivos e socios, pois non deixa de ser unha asociación privada que, como tódalas demais, está sometida no seu funcionamento interno ás normas e tribunais civís; mante-lo contrario é simplemente faltar a verdade.