Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CURSO FORMACION
Galicia acollerá a Xornada de Formación de Mutuasport e Bergara
19/02/2024

Mutuasport, Bergara e a Federación Galega de Caza únense para organizar unha xornada dedicada á seguridade no uso e manexo de armas de fogo. O evento terá lugar o 9 de marzo nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar (Trazo – A Coruña).  As inscricións están abertas e son gratuítas para cazadores federados.

Mutuasport e a prestixiosa empresa armeira Bergara, unen forzas coa Federación Galega de Caza para fomentar a caza responsable e segura a través dos coñecementos en seguridade no uso e manexo das armas de fogo.

O vindeiro sábado 9 de marzo, en colaboración coa Federación Galega de Caza, celebrarase unha xornada de formación nas instalacións do Campo de Tiro da Sociedade Deportiva Río Sar (Trazo – A Coruña). O curso dará comenzo ás 10:00 horas ata as 13:00 horas e ao remate do mesmo ofrecerase un viño galego aos inscritos.

A Xornada de Formación ofrecerá unha ampla gama de temas relevantes e actuais no campo da caza, abarcando desde as medidas de seguridade e comportamentos preventivos no uso das armas de fogo; funcionamento, principios balísticos, transporte e custodia, mantemento e limpeza do rifle, ademais de normas básicas de seguridade individual e colectiva e primeiros auxilios. Todo elo da man de expertos cazadores como Rafa Carrillo, que permitirá aos asistentes recibir coñecementos da materia e interactuar con todo un profesional do sector. 

Esta xornada é unha mostra máis da importancia que para a FGC e Mutuasport ten a seguridade no exercicio cinexético, dotando dos máximos coñecementos posibles aos cazadores galegos na temática da seguridade cinexética. 

A asistencia á xornada é gratuíta para cazadores federados, pero a inscrición é imprescindible debido ao aforo limitado. Ditas prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición. 

Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 981 562 777 ou enviando un correo electrónico á dirección federacion@federaciongalegadecaza.com indicando o seu interese en asistir ao evento, así como o seu nome, DNI e teléfono de contacto.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza