Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
RAPOSO CORUÑA
O equipo “Os Unidos” foi o primeiro clasificado
16/1/2017

Organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña o pasado 14 de xaneiro disputábase unha das probas máis destacadas de dita Federación provincial polo número de cazadores que congrega. Nesta ocasión ata 340 cazadores se citaron neste Campionato Provincial de Caza de Raposo que se disputou nos Tecores das sociedades de caza “Lousame-Noia”, “Castelo de Vitres”, “Porto do Son” e “Altamira”.

O frío non amedrentou aos cazadores que gozarnon dunha boa xornada de caza na que avistaron máis de medio cento de raposos e conseguiron abater 28.

Foi o equipo “Os Unidos”, da Sociedade de Caza "San Vicente" de Vimianzo, o que obtivo o título de Campión Provincial cun total de 1.500 puntos. Co mesmo número de puntos remaba en segunda posición a cuadrilla “Os Intocables”, da Sociedade "Halcón" de Mazaricos, actual campión galego da especialidade. O equipo “Barbanza I”, da Sociedade Barbanza, era o terceiro clasificado con 1.000 puntos. 

A estes tres primeiros clasificados acompañaraos o equipo “Os Rapaces”, da Sociedade de Caza de Coristanco e “Os Cazafellos”, da Sociedade de Caza de Porto do Son, conformando a selección que representará A Coruña no vindeiro Campionato Galego de Caza de Raposo.

Un xantar de confraternidade e a entrega de trofeos por parte das autoridades alí presentes puxo o punto e final a esta edición provincial de Caza de Raposo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza