Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
POR ANIMALISTAS
A ONC condena a agresión a un galgueiro en Toledo
1/12/2016

A Oficina Nacional da Caza, a Conservación e o Desenvolvemento Rural (ONC) condena enerxicamente a agresión sufrida por un galgueiro nun pobo de Toledo hai dous días, onde -segundo as informacións dispoñibles- foi atacado por dúas animalistas. En concreto, o galgueiro Javier Pastor, que participou no último Campionato de España, foi atacado por dúas mulleres cando paseaba coa súa cadela. Tras certificar os danos físicos producidos, o galgueiro denunciou os feitos ante a Garda Civil, segundo publicaron algúns medios e institucións do sector.

A ONC mostra a súa solidariedade co galgueiro atacado e esixe que a Xustiza actúe coa maior rapidez e con contundencia ante este acto violento. E é que consideramos que non se trata dun feito illado, senón dun paso máis nunha escalada de violencia do mundo animalista cara ao sector cinexético ao que ninguén pon freo. 

Xa hai unhas semanas a ONC dirixiuse á Fiscalía Xeral do Estado para reclamar unha actuación contundente ante os continuos insultos e ataques a cazadores nas Redes Sociais, e agora volvemos comprobar que se está xerando un ambiente de tensión provocado por sectores animalistas co obxectivo de amedrentar e intimidar aos máis de 1 millón de españois que practican a caza, unha actividade legal, lexítima, que xera emprego e riqueza no noso mundo rural, que contribúe á adecuada xestión dos ecosistemas e que evita lle despoboamento de moitos pobos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza