Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
EN CALQUERA MOMENTO
Xa é posible renovar online a licenza de caza ou pesca de Galicia
25/10/2016

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ven de habilitar a plataforma online que permitirá a tódolos cazadores e pescadores tramitar a súa licenza sen moverse da súa casa.

Ata o de agora esta plataforma só estaba dispoñible para as entidades bancarias colaboradoras, tal como se deducía do impreso que emitían para os interesados que fixeran a renovación da licenza nunha das súas oficinas.

Para poder tramitar a licenza online será necesario ou ben un certificado dixital ou ben dispoñer dos datos dunha licenza anterior, introducilos no sistema e posteriormente realizar o pago mediante tarxeta bancaria, para obter directamente o impreso da licenza correspondente, que pode ser imprimida nun papel convencional.

Trátase este dun avance que sen dúbida facilitará o trámite a moitos cazadores e pescadores, que agora poderán obter a súa licenza de xeito inmediato, sen esperas, e mesmo en horarios e días nos que non sería posible obter este documento.  Tamén é posible volver imprimir calquera licenza en vigor en caso de extravío.

Esta posibilidade, que xa era posible dende hai tempo noutras moitas comunidades, é unha das melloras que a Federación Galega de Caza levaba tempo reclamando á Consellería de Medio Ambiente, e que por fin dende hoxe é operativa.

Para tramitar a súa licenza debe acceder a:

https://licenzascazaepesca.xunta.gal/

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

A PARTIR DO 1 DE AGOSTO
16/04/2024
Publicada a resolución que regula as épocas hábiles de caza 2024-2025

INICIO TEMPADA DE ASEXOS DE CORZO
01/04/2024
Arrinque corceiro

A CAZA TAMÉN VOTA
14/02/2024
A caza para as forzas políticas ante os comicios autonómicos

CURSOS FORMACIÓN FGC
06/10/2023
300 cazadores participan na Escola de Caza 2023 da FGC


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza