Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
DIVULGACIÓN
Ampla participación nas Xuntanzas pola Caza en Cerdedo
18/5/2015

Ethel Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente e Infraestructuras, quixo acompañar aos 200 cazadores que se congregaron nesta primeira edición

Baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra, o pasado sábado 16 de maio o Auditorio do concello pontevedrés de Cerdedo acollía a cazadores e directivos de sociedades de caza na procura de formación e información sobre diferentes temas de máxima actualidade da caza en Galicia.

Arrincaba a xuntanza, presentada polo xornalista Luis Macías, coa apertura do acto por parte do alcalde do concello anfitrión, Silvestre José Balseiros Guinarte quen destacou a máxima importancia da caza e dos cazadores para este acolledor concello. Chegou o termo do presidente da FGC en Pontevedra Francisco Couselo Castiñeira quen agradeceu a numerosa asistencia o cal da sentido a organizar este tipo de xuntanzas formativas. Remataba Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza agradecendo ao alcalde de Cerdedo a súa implicación coa caza en xeral e con esta xuntanza en particular, non pasando por alto a calidade dos relatores e a boa acollida que tivo entre os cazadores esta primeira xuntanza.

Cazadores, presidentes de Sociedades de Caza, gardas de campo e directivos das Federacións provinciais e autonómica de Caza recibían con expectación a primeira das conferencias sobre “O Coello de Monte: xestión e problemática” por ser este un tema de máxima actualidade cinexética e por ser impartida por Vicente Piorno González, experto sobre a bioloxía e o estudio das poboacións do coello. Piorno deu unhas pinceladas sobre a xestión cinexética do coello de monte, centrando a súa ponencia no que “non se debe de facer” para unha correcta xestión do coello nos Tecores.

Chegaba o termo de Santiago Ballesteros Rodríguez avogado, exsecretario xeral da RFEC e autor do libro “Don Quijote: Gran madrugador y amigo de la caza”. Ballesteros fixo un repaso do que da de si esta obra literaria merecedora de ser lida por tódolos cazadores ao tempo que finalizaba a súa ponencia facendo unha reflexión sobre a caza na sociedade.

Previo a pausa-café, esta primeira edición recibía a visita da Conselleira de Medio Ambiente e Infraestructuras, Ethel Vázquez quen aproveitou a ocasión para transmitir a importancia que ten a caza en tódolos eidos: económico, ambiental, social e turístico para a sociedade galega, especialmente no rural. Vázquez agradeceulle á Federación de Caza a realización deste tipo de eventos formativos e ao alcalde de Cerdedo por acoller esta primeira edición.

Remataban as ponencias coa intervención da Avogada e Asesora Xurídica da FGC, María Teresa González Justo, quen tiña a complexa tarefa de dar resposta e información en dúas temáticas cinexéticas de máximo interese para os nosos cazadores, e non eran outros que a “Tenza e Transporte dos cans de Caza” e a “Neglixencias na custodia das armas”.

A guinda á xuntanza chegaba coa mesa redonda baixo o título “Inquedanzas pola Caza” e que estaba composta polos tres ponentes máis a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, que xa dende primeira hora chegaba a Cerdedo para acompañar aos cazadores nesta cita. O encargado de moderar esta mesa non era outro que o presidente federativo autonómico Javier Nogueira Diz.

Foi unha mesa moi dinámica que tentou dar resposta a multitude de consultas e como non “inquedanzas” que os cazadores tentaron esclarecer, moitas delas referentes aos cans, coellos, armas e pinganillos.

Co xantar de confraternidade, no que tamén estivo presente o Xefe de Servizo de  Deportes de Pontevedra Daniel Benavides Alonso e o Subdelegado do Goberno de Pontevedra Antonio Coello Bufill, remataba a I Xuntanza pola Caza na que se transmitiu, e quedou mais que demostrada, a viveza da caza na nosa comunidade.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN
02/12/2024
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación

MUTUASPORT - ARTEMISAN - RFEC
29/11/2024
Os cazadores federados invirten na defensa da caza e conservación das aves migratorias

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza