COMUNICADO DA FGC
Documentación obrigatoria para a posesión e uso de emisoras e frecuencias da FGC
24/09/2021

Os cazadores debemos ser moi rigorosos ca posesión de toda a documentación en regra á hora de practicala actividade cinexética, evitando así unha posible sanción ou o que é máis grave, consecuencias nefastas no caso dun sinistro. 

Comprobar a caducidade da licenza de armas, guía da arma, seguro de caza, licenza de caza, tarxeta do Tecor, cartilla e microchip dos cans e como non, a licenza de uso da emisora… é a nosa obriga. 

Tamén e responsabilidade do Xefe de Cuadrilla o comprobar e esixir que tódolos participantes na cazaría teñan toda a documentación en regra, incluída a correspondente licenza de emisora, ven sexa de rango provincial ou autonómico.

Os equipos de radiofrecuencia do cazador non están exentos da correspondente documentación e polo tanto é obrigatorio a posesión de dita licencia de emisora en vigor e que con ela se nos autoriza para o emprego das frecuencias da FGC no territorio galego. O uso de frecuencias sen a correspondente autorización supón unha infracción do Art. 78 da Lei 9/2014 Xeral de Telecomunicacións, que contempla sancións económicas de ata 50.000€.

Polos nosos compañeiros e por nos mesmos practiquemos unha caza segura e un uso legal das frecuencias federativas.