FGC OURENSE
Reunión de traballo entre a FGC e a Delegación en Ourense de Medio Ambiente e Medio Rural
30/07/2020

O presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, e o presidente provincial en Ourense, Antonio García Reinoso, mantiñan, no día de onte, unha xuntanza coa Delegación Provincial en Ourense de Medio Ambiente e Medio Rural na que se abordaron diferentes temas cinexéticos de importancia para os cazadores e sociedades de caza de dita provincia.

Destacamos a petición por parte do ente federativo da volta a práctica cinexética naqueles terreos que foron afectados polos lumes en anos anteriores. Unha vez que ditos montes xa se atopan rexenerados é necesaría que se reinicie a xestión cinexética e a caza neles para evitar determinados perxuícios, como por exemplo o asentamento e proliferación do xabaril. Dita petición xa se realizou e aceptou no seu día noutros puntos da comunidade galega resultando ser unha medida do máis acertada.

A FGC salía de dita reunión de traballo con boas sensacións pola predisposición tomada polos representantes administrativos para acometer dita petición.