COPA GALICIA SAN HUBERTO
René Vale, gañador en Mañón
20/9/2016

I Campionato de Caza San Huberto de Mañón

O pasado 17 de setembro tivo lugar en Grañas de Sor – Mañón (A Coruña) a primeira edición dun Campionato de Caza San Huberto organizado pola Sociedade de Cazadores de Grañas de Sor - Mañón en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña.

A esta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade acudiron un total de 29 cazadores que se disputaron os primeiros postos nunha xornada cun extraordinario ambiente cinexético.

O primeiro posto foi para o cazador René Vale que co seu setter inglés “Suaiper de Piago” obtivo o primeiro posto con 82 puntos. Con 74 puntos e en segunda posición remataba Edelmiro Leira co pointer macho “Bico”. Ramón Picallo co setter inglés “Risto das Fontiñas” tíñase que conformar co terceiro posto con 72 puntos.